Guías didácticas sobre "Corre como una chica" e "Una cuestión de género"
O Proxecta "Por 365 días de igualdade" preparou dúas guías didácticas arredor das películas "Corre como una chica" e "Una cuestión de género". Ambas xiran arredor da necesidade de reinvidicar a igualdade laboral entre os homes e as mulleres en ámbitos nos que estas aínda teñen que loitar por demostrar a súa valía. No primeiro dos casos, o material audiovisual recrea a proeza acada por Michelle Payne, ao converterse na primeira xinete en gañar a copa Melbourne, a carreira de cabalos máis dura de Australia.
Pola súa parte, “Una cuestión de género”
está inspirada na historia real da xuíza Ruth Bader Ginsburg, que desafiou o
sistema legal estadounidense e sentou as bases contra a discriminación de
sexos. A película está ambientada en Nova York, nas décadas dos 60 e 70. Ruth é
unha avogada e nai de familia que, xunto co seu marido Martin, muda o rumbo da
historia ao defender un singular caso sobre discriminación xenérica que abriu o
camiño para o tratamento da igualdade no Tribunal Supremo.
Non deixedes de ver ambas cintas e de traballar o seu contido a través das propostas de reflexión e análise que compartimos con vós de seguido.
https://drive.google.com/file/d/17dPkt8YBG0WYwebeN2An-oG45iUFfXE9/view?usp=sharinghttps://drive.google.com/file/d/1f1-6r6zorW_pyH4UvP3rVwCBZbx98wQ0/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario