Compilación de mulleres compositoras
Unha das iniciativas que a Biblioteca do IES Agra de Raíces vén desenvolvendo ao longo do curso, en colaboración co Departamento de Música e o Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", é a realización de traballos sobre mulleres compositoras ao longo da historia por parte do alumnado de 3º ESO. As últimas aportacións coincidiron coa celebración do 8-M e formaron parte da exposición que a Biblioteca preparou na entrada do centro.
Neste caso, podedes apreciar algunha das tarefas máis salientables, no noso afán cara a maior visibilización destas artistas, moitas veces esquecidas nos libros de consulta e tamén nos de texto.
Comentarios
Publicar un comentario