Xogo de tabús sobre a Igualdade no Día contra a Violencia de Xénero
O Proxecta "Por 365 días de igualdade", xunto co Club de Letras do IES Agra de Raíces, preparou unha serie de materiais para conmemorar o Día contra a Violencia de Xénero (25 de novembro). Entre eles, atópase o xogo de tabús sobre termos relacionados coa igualdade e a violencia sexista que vos presentamos a continuación.
Ao longo da vindeira semana, todos os recursos elaborados ou propostos polo Proxecta "Por 365 días de igualdade" e o Club de Letras arredor desta temática serán difundidos entre o noso alumnado para convidalos, desde as aulas, a reflexionar sobre esta problemática, ademais de axudalos a identificar os conceptos, as actitudes e as consecuencias que se agochan detrás dela.
Comentarios
Publicar un comentario