Kahoot sobre o concepto de "Discriminación"
No marco das actividades de gamificación que está a preparar o Proxecta "Por 365 días de igualdade" do IES Agra de Raíces, sitúase este kahoot, que convida ao alumnado a reflexionar sobre o concepto de "discriminación" como un dos promotores das desigualdades existentes no ámbito persoal, social e profesional. A detección da súa orixe e das consecuencias que emanan dos actos discriminatorios é unha tarefa fundamental para que os nosos estudantes poidan recoñecer e rexeitar estas actitudes opostas á convivencia harmónica entre os seres humanos.
Podedes acceder ao kahoot a través da seguinte ligazón:
https://create.kahoot.it/share/discriminacion/a4a8bde5-273b-4ab2-a9ec-5b251030e252
Comentarios
Publicar un comentario