Mensaxe cifrada en materia de igualdade
Dentro das propostas de gamificación que o Proxecta "Por 365 días de igualdade" do IES Agra de Raíces está a desenvolver, atópase esta mensaxe cifrada, que recolle unha reflexión fundamental sobre este concepto, procedente dun recoñecido activista a prol da igualdade, galardoado co Premio Nobel da Paz. Para averiguar o seu contido, debedes identificar o código secreto co que está composto. Acudide ás pistas que atoparedes ao final da imaxe e animádevos a compoñer e traducir a mensaxe, xunto co nome do seu autor.
Comentarios
Publicar un comentario