Unidade didáctica arredor da igualdade en "La corista", de Anton Chéjov
O Proxecta "Por 365 días de igualdade" do IES Agra de Raíces preparou a seguinte unidade didáctica sobre o relato curto de Anton Chéjov "La corista". Nela, combínanse actividades de comprensión lectora con outras de calado máis interpretativo, co afán de convidar ao alumnado a que reflexione sobre a consideración social da muller que o autor aborda xa na súa época e que se atopa aínda de plena actualidade. Arredor da figura feminina, tece o narratólogo unha rede de sentimentos que moitas mulleres experimentan a miúdo: a humillación, o medo, o desprezo machista, a desigualdade, a falta de liberdade de actuación...
Non deixedes de acceder ao material que vos propoñemos e de acompañarnos na análise dos grandes temas do texto:
Comentarios
Publicar un comentario