Música e cine contra a violencia de xénero

 


O Equipo da Biblioteca do IES Agra de Raíces, en colaboración co Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", preparou dúas presentacións orixinais de carácter compilatorio para celebrar o Día Internacional contra a Violencia de Xénero. 

A primeira delas ofrece unha coidada selección de variadas pezas e estilos musicais arredor da temática da igualdade entre homes e mulleres e da loita contra a discriminacións, os abusos e o maltrato. 

Música contra a violencia de xénero

A segunda reúne algúns cortes cinematográficos dos films máis representativos dos últimos anos que alzaron a súa voz contra a violencia de xénero e o trato irrespectuoso cara os demais. 

Cine contra a violencia de xénero

Non deixedes de acceder e desfrutar de ambas presentacións, pois aportan unha visión panorámica, artística e absolutamente realista desta lacra social cuxa erradicación compete a todos os ámbitos da sociedade e onde o mundo do espectáculo colabora activamente a través da visualización das súas consecuencias. 

Comentarios

Entradas populares