Mulleres compositoras na Idade Media e o Renacemento
A Biblioteca do IES Agra de Raíces, en colaboración co Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", continúa coa labor de visibilización das mulleres nas diferentes etapas histórico-artísticas a nivel literario e musical. Despois dunha primeira entrega dedicada aos grupos femininos de música pop en Galicia, elaborou unha serie de murais deseñados polo alumnado de 3º ESO sobre as escritoras/compositoras da Idade Media e o Renacemento. Diferentes nomes do ámbito non soamente cristiano/occidental, senón tamén do ámbito islámico/oriental, van sendo pouco a pouco coñecidos polos nosos estudantes, así como por todos aqueles que queiran votar unha ollada a estes traballos, que están expostos no corredor das aulas de 3º ESO. Este proxecto terá a súa continuidade no tempo coas compositoras das etapas do Barroco, o Clasicismo, o Romanticismo e o Século XX, onde tamén aproveitaremos para falar das mulleres directoras de orquestra.
Comentarios
Publicar un comentario