Día da Muller no IES Agra de Raíces (8 de marzo de 2022)
Con motivo da celebración do 8 de marzo (Día da Muller), a Biblioteca do IES Agra de Raíces levou a cabo diversas iniciativas en colaboración co Equipo de Dinamización da Lingua Galega, diferentes departamentos e o Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade" do centro.
Para comezar, e seguindo coa homenaxe ás mulleres letristas iniciada durante o primeiro trimestre, o alumnado de Música de 3º ESO confeccionou os murais correspondentes ás compositoras do Barroco e o Clasicismo, algúns dos cales foron expostos no recuncho temático da biblioteca, que se atopa próximo á entrada do centro. Para a mesma ubicación, fixemos unha escolma dalgúns dos fondos máis representativos desta data, conformando unha pequena exposición.
En colaboración coa profesora de Lingua Castelá, Lara Trillo, os alumnos/as deseñaron uns carteis sobre mulleres escritoras que firmaban con pseudónimo. Así mesmo, os estudantes de Coeducación para o século XXI preparou unha presentación dixital sobre mulleres especialmente relevantes no ámbito feminista, titulada "A primeira pegada do feminismo en España". Aquí tedes o enlace:
https://drive.google.com/file/d/1w-s5gqywthYBryxOOPmaD5dj7NLVA59v/view?usp=sharing
Comentarios
Publicar un comentario