Atención á diversidade e inclusión do alumnado con necesidades educativas especiais
O Proxecta "Por 365 días de respecto e igualdade", en colaboración co equipo da Biblioteca do centro e moi especialmente co departamento de Orientación, está a desenvolver un programa de atención á diversidade e á inclusión académica e social a través da creación de espazos para o alumnado con necesidades educativas especiais. Boa mostra deste interese por parte do IES Agra de Raíces é o acondicionamento dunha aula onde se aborda o estudo por recunchos temáticos, o tratamento de diversos códigos lingüísticos de carácter inclusivo, a psicomotricidade, a xestión socioemocional e o emprego das TIC, tal e como se pode comprobar nas seguintes imaxes.
En breve, achegarémovos algunhas outras mostras da creatividade do noso alumnado á hora de aunar as artes plásticas coa música e a literatura.
Comentarios
Publicar un comentario